A farmacia na antigüidade

A farmacia é unha ciencia relativamente nova, as súas orixes remóntase ao primeiro terzo do século XIX ,sendo ésta os puntos de partida para o definitivo arranque desta ciencia.
Ata o nacemento da farmacia como ciencia independente, existe unha evolución desde a antigüidade clásica ata os nosos días, sempre relacionada coa medicina.

A farmacia desde a antigüidade clásica comeza no terceiro milenio a.C, iniciase o desarrolo simultáneo en: India, Mesopotamia, e Exipto. Entre os fármacos que utilizaban estaba o ruibarbo, o opio e a ephedrina sínica.

Na India estiveron influenciados pola filosofía védica, polo que a botánica tiña unha función moi importante e creáronse o SOMA e o KUSA
Na filosofía budista, os remedios eran doces como o xenxibre, acónito …

En Mesopotamia existen testemuños do uso e preparación de medicamentos de máis de catro mil anos. Utilizaban ungüentos a base de planta, haoma para unha bebida sagrada, beladona contra os espasmos, ou excrementos humanos como curativos.
Tamén levaron a cabo as primeiras operación farmacéuticas (filtración, pulverización, prensado…) e propuxeron formas farmacéuticas como pomadas, locións, infusións, viños.

En Exipto usaban os principios activos de plantas, animais e minerais, os alimentos que os conteñen (leite, viño, mel…) e a formulación e preparación de medicamentos.Ademais establecían pautas para administrar os medicamentos, de uso interno (tisanas ou píldoras) e de uso externo (colirios ou pomadas).As enfermidades máis común eran as parasitarias, oftálmicas e enfermidades do baixo ventre(estos tratados con pomadas).Tamén como ferramentas de traballo usaban morteiros, muiños de man, balanzas..
En Grecia e Roma (s.IV a.C ata o ano 476 d.C)

Iníciase a medicina racional con Alcmeón de Crotona ata a medicina posterior de Galeno.
Galeno da as bases ténicas para a preparación das principais formas farmacéuticas e coñécense os primeiros  auxiliares de medicina: Rizotomos, Farmacopolos os pigmentarios e os ungüentarios.
Distínguense ao igual que Exipto os fármacos de uso externo e os de uso interno, e descóbrese a “terra sigillata” que permite crear pastillas preparadas con arxila blanca, bolus alba e empastadas con sangue de cabra, segundo escritos de Dioscórides.




 Pedanio Dioscórides Anazarbeo é o pai da farmacoloxía e é quen consolida a separación da farmacia e da medicina no medio oriente (os encargados desta separación son os árabes).






Tamén Avicena describe varias formas farmacéuticas para administrar os medicamentos; xarabes, pó, baños aromáticos...